SEREA, centro de técnica vocal de Paula Rey en A Coruña
Ir a miña web Portada Categorías
No meu blog: Inicio
  • Canto
  • Coida a tua voz
  • informativa centro serea
  • Blog

    COMEZAMOS NOVO CURSO NO CENTRO SEREA

    Queredes botar unha ollada rápida ao Centro SEREA? Aquí vos deixamos un pequeno video promocional.

    31 August 2016
    Serea, centro logopédico e canto en A Coruña

     

    Comezamos novo curso e o CENTRO SEREA volve a abrir as súas portas, e que mellor xeito de facelo mostrándovos o video promocional que Leticia Pérez Torreiro nos fixo o pasado mes de xuño.

    Nel podemos ver o noso espazo en A Coruña adicado ao traballo ca voz. Unha contorna cálida preparada acústicamente onde poderedes desenvolver comodamente o voso canto ou a vosa fala:

    No CENTRO SEREA traballaremos conxuntamente para entrenar os músculos que interveñen na producción do son, isto o faremos sempre dende o respeto e o agarimo que a nosa voz require.

    Calquera persoa pode adquirir un coñecemento consciente do funcionamento da voz que lle permita desenvolver o seu potencial artísico ou simplemente coidala aprendendo unhas pautas de hixiene vocal que permitan que a vosa voz permaneza sa.

     

    _MG_1399reducida

     

    A quen van dirixidos os nosos servizos?:

    • A todas aquelas persoas que queiran facer un bo uso da súa voz.
    • Profesionais da voz que queiran desenvolver máis as súas capacidades: cantantes, actores/actrices, locutor@s, maestr@s, etc.
    • Persoas que necesiten rehabilitación vocal por causas como disfonías, nódulos, etc.

    Anímovos dende aquí, unha vez máis a que probedes unha sesión!

    Buscador

    Etiquetas

    Consellos
    Utilizamos cookies propias e de terceiros. Se continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.